publicidade hoxe

O Concello licita a xestión e explotación da planta de reciclaxe de residuos da construción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

O Concello de Ortigueira licita a xestión, explotación e mantemento da planta de depósito e reciclaxe de residuos da construción existente no polígono industrial de Cuiña. A infraestrutura municipal ten por obxecto a transformación e valorización dos entullos de obras.

As operacións a realizar consisten no “almacenamento, clasificación e trituración de polo menos o 50% dos residuos de construción e demolición que sexan admitidos na instalación, para a súa posterior comercialización,”. Ademais, o xestor deberá levar a cabo un rigoroso rexistro documental dos residuos (orixe, volume, natureza, ademais da cantidade, tipo e destino do non admitido).

Segundo figura no prego do procedemento de adxudicación da concesión, a retribución do adxudicatario durante os dez anos que, inicialmente duraría o contrato, derivará fundamentalmente dos prezos a aboar polos usuario.

Á hora de adxudicar as instalacións, ademais do plan de explotación que presenten as empresas, puntuará de xeito importante a experiencia que acrediten en xestión de plantas similares, a dispoñibilidade de certificacións ambientais e a oferta económica (valorándose positivamente a oferta de canon, que non será obrigatorio, e a proposta de tarifas axustadas).

O Concello de Ortigueira resolvía o pasado o pasado ano, debido ao inadecuado funcionamento da infraestrutura, o contrato subscrito en 2006 con Visecorsa SL, a anterior empresa adxudicataria.

A planta de depósito e reciclaxe de residuos de obras, un proxecto innovador levantado hai oito anos pola Consellería de Medio, é unha de instalacións de carácter ambiental radicadas no polígono industrial de Cuiña, e destinadas a previr a existencia de verteduras incontroladas, xunto á planta de transferencia de SOGAMA, o punto limpo provisional ou o punto de abasto de plásticos agrícolas.

As empresas interesadas en facerse coa xestión da infraestrutura “verde” dispoñerán dun total de quince días dende a publicación do anuncio oficial de licitación no BOP da Coruña.

6 de maio de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.