publicidade hoxe

O Concello lembra que o período de pago voluntario do imposto de vehículos remata o 15 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

O Concello lembra que o prazo para o pago voluntario voluntario do imposto de vehículos de tracción mecánica IVTM remata o 15 de maio. Dende hai semanas deberían ter chegado ós domicilios as notificacións da Deputación, encargada do servizo de recadación. Sen embargo, como se teñen detectado problemas cos enderezos de moitos dos envíos, alértase de que no caso de non ter aínda a notificación e non ter domiciliado o pago pódese solicitar un duplicado para facer efectivo o mesmo. No caso de que non se abone o recibo neste prazo inicial ata o 15 de maio o importe xa terá un recargo.

Dende Correos indicóuselle ó Concello e ós veciños e veciñas que moitas das cartas están chegando cos enderezos mal por non ter modificados os datos no servizo de recadación despois da nova numeración feita en Teo.

As copias dos recibos poden solicitarse por diferentes vías. No teléfono gratuíto da Deputación da Coruña 900 132 204, enviando un correo electrónico a zona3@dicoruna.es ou persoalmente na oficina de recadación sita en Fernando III el Santo, número 9, Baixo en Santiago de Compostela. No caso de que conten con certificado dixital poden entrar na Oficina virtual tributaria da web www.dicoruna.es e tramitalo dende aí. Tamén se pode solicitar no Concello, concretamente nos servizos económicos, no teléfono municipal 981 815 700 ou no correo electrónico intervencion@concellodeteo.com.

Dende os servizos económicos municipais recoméndase unha vez máis aproveitar esta xestión para actualizar o enderezo postal. A través de calquera dos medios nos que se pode pedir o recibo tamén se pode modificar o domicilio.

3 de maio de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.