O Concello informa que o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos remata o día 16
O Concello de Cedeira informa da apertura do prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos 2013 que promove a Deputación Provincial da Coruña. Para iso, tan só é necesario cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeneral Municipal, na planta baixa da casa consistorial (c/Real 15) en horario de 9 a 14 horas. O Concello dispón de nove prazas para participar nos campamentos, que se desenvolverán entre o 30 de xuño e o 6 de xullo. Dirixidos a nenos nacidos entre os anos 1999 e 2003, incluídos, terán como escenario o colexio Calvo Sotelo da Coruña. Alí poderán participar en actividades como equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, piragüismo, fútbol7, batuka, capoeira ou hip hop, ademais de inglés.
O prezo, coa correspondente subvención, é de 85 euros por participante e o prazo para presentar a solicitude remata o día 16 de maio.











