publicidade hoxe

O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación da cidade a partir de mañá, martes 7 de maio.

– As obras de canalización da rede de alta tensión en Matogrande obrigan a partir de mañá, martes 7 de maio, ás 09.30 horas, a cortar o tráfico na glorieta de acceso ao barrio dende Alfonso Molina, polo que a alternativa de entrada á zona será polas pontes xemelgas -avenida de García Sabell-. Os cambios provisionais na circulación manteranse durante unha semana.

– Os traballos de canalización de gas e auga na rúa Madame Curie, no polígono da Grela, fan necesario ocupar o carril dende mañá, 7 de maio, ata o 9 de xullo cunha gabia non superior a 50 metros, quedando habilitado para o tránsito de vehículos os fins de semana. A Policía Local si permitirá en todo momento o acceso de vehículos das empresas existentes na zona.

– As obras de canalización da rede de Unión Fenosa continúan na avenida de Salgado Torres no cruzamento coa avenida de Joaquín Planells. Os traballos realízanse pola marxe esquerda da calzada en sentido saída da cidade, polo que afectará á circulación de vehículos nun primeiro tramo ao carril esquerdo e, unha vez finalizado e aberto ao tráfico, continuará polo carril dereito. Ante esta situación, suprímese un carril de xiro da glorieta Eduardo Diz cara a Joaquín Planells, desviando o tráfico pola avenida de Arteixo-Ronda de Outeiro. As obras proseguirán ata o venres, 10 de maio.

6 de maio de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.