O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producen na circulación en diferentes puntos da cidade.

– Con motivo das obras de reparación do tranvía, no tramo entre a Torre de Hércules e o Colegio de las Esclavas, será necesario realizar cortes puntuais cunha lonxitude aproximada de 20 metros nun dos carrís de circulación do paseo marítimo, manténdose sempre un carril libre no mesmo sentido. Deste xeito, poderanse realizar traballos topográficos, catas e descarga de material. Ademais, na rotonda situada fronte ao acceso á Torre, ocuparase o carril dereito de entrada á glorieta, manténdose dous carrís libres na mesma dirección. O inicio das obras está previsto para mañá, xoves 30 de maio, e terá unha duración aproximada dun mes.

– Debido ás obras de realización da condución principal de abastecemento de auga Alvedro-Monte Mero por parte de Emalcsa, será preciso manter ata o próximo 17 de xuño o corte do ramal de conexión da glorieta situada ante o centro comercial de Alcampo, coa N-550, dirección aeroporto, así como habilitar o carril de conexión fronte á gasolineira. O tránsito peonil estará garantido en todo momento.

29 de maio de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.