O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación en diferentes puntos da cidade.

– Con motivo de obras de rehabilitación na rúa Monfero será preciso o corte da rúa Antonio Pedreira Ríos, entre Mosteiro de Toxos Outos e Mosteiro de Bergondo. O corte de tráfico será hoxe, mércores 22 de maio, entre as 15.30 e as 17.30 horas.

– Debido ás obras de canalización da rede de alta tensión na rúa Enrique Mariñas ocuparase o carril esquerdo á altura da entrada do Hotel AC, en sentido Alfonso Molina, a partir de mañá, xoves 23 de maio, e durante dous días. Tamén será preciso eliminar o aparcadoiro na lonxitude necesaria para desviar os dous carrís de circulación -de suba cara ao aparcadoiro e de baixada cara ao carril dereito-, manténdose os dous carrís, un para cada sentido.

22 de maio de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.