O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación en diferentes puntos da cidade.
– Debido á canalización da liña de alta tensión, dende hoxe, martes día 21, e durante unha semana, será preciso o corte dun carril no vial de enlace dos campus de Elviña con A Zapateira, dándose tráfico alternativo con sinais.
– As obras de reparación de dúas arquetas de R na avenida de General Sanjurjo -á altura do número 147 e no cruzamento coa rúa Juan Montes- requirirán a ocupación do carril de baixada (sentido entrada á cidade) e do carril de suba (sentido saída da cidade), polo que os vehículos se desviarán a través de sinais. Os traballos realizaranse mañá, mércores 22 de maio, entre as 09.30 e as 14.00 horas.
– Con motivo do inicio da reformulación da construción do aparcadoiro público subterráneo na praza de As Conchiñas, dende mañá, mércores 22 de maio, e cunha duración de 20 días, haberá cambios de tráfico na rúa Fuente Álamo, entre a rúa Corcubión e a avenida de As Conchiñas. As obras requirirán a ocupación de zonas de estacionamento, realizándose en dúas fases de 10 días cada unha e 30 metros de lonxitude. A ocupación das zonas de estacionamento inclúen a parada de taxis existente, que se reducirá á metade, e en todo momento se manterá un carril de circulación na rúa Fuente Álamo.
– A reparación do colector de saneamento na rúa Enrique Dequidt Hevia, á altura do número 12-14, require a realización dunha gabia, polo que será necesaria a ocupación de prazas de estacionamento, manténdose un carril de circulación libre. As obras empezarán mañá, mércores 22 de maio, e durarán seis días.











