O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación en diferentes puntos da cidade.

. As obras de canalización da rede de alta tensión na rúa Sebastián Martínez Risco requiren a ocupación das zonas de estacionamento á altura da residencia da terceira idade, xunto á rolda de Camilo José Cela. Os traballos empezan hoxe e prolongaranse durante dúas semanas. En todo momento se manterán dous carrís de circulación, un para cada sentido.

. Os traballos de canalización da rede de alta tensión na rúa Enrique Mariñas obrigan a ocupar o carril esquerdo, á altura da entrada do Hotel AC, en sentido Alfonso Molina, dende mañá, martes 21 de maio, e durante tres días. En momentos puntuais será preciso cortar o carril de circulación, aínda que se manterá o paso de vehículos a través de sinais de obra que facilitarán o tráfico alternativo.

20 de maio de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.