O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación a partir de mañá, martes 14 de maio, en diferentes puntos da cidade.

– As obras de fresado e reposición de aglomerado na rúa Newton obrigarán, durante un prazo estimado de tres días, a ocupar un carril, dándose tráfico alternativo con señalética e, polo tanto, manténdose a circulación.

– Canalización municipal para tendido de fibra entre María Pita e as oficinas da rúa Castiñeiras. As obras executaranse, durante tres días, na rúa Panaderas á altura da Casa Museo Casares Quiroga. Aínda que a obra de canalización se executará na beirarrúa, invadirase parte da calzada para habilitar un paso alternativo aos peóns, polo que será ocupado o carril de circulación, dándose tráfico alternativo con semáforos.

13 de maio de 2013 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.