O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producen na circulación da cidade.

– As obras de canalización da rede de Unión Fenosa na rotonda de Eirís, á altura do Ofimático, afectarán ao tráfico nun só carril da glorieta, manténdose a circulación sempre polo outro carril e o acceso á obra do Ofimático. Os traballos comezan hoxe e a súa finalización está prevista para o 14 de maio.

– A reparación do pozo de saneamento situado na confluencia das rúas Pontedeume e Nosa Señora de Fátima require a ocupación da zona de aparcadoiro lateral e o corte parcial do cruzamento de ambas as dúas vías. O prazo de execución dos traballos que xa empezaron é de, aproximadamente, cinco días. Os vehículos desviaranse de xeito provisional pola rúa Río Mero.

– As obras de canalización municipal para tendido de fibra óptica que empezarán mañá, venres 10 de maio, obrigan a abrir o pavimento na rúa Castiñeiras, á altura do número 19. Os traballos, que durarán ao redor dunha semana, realizaranse en dúas fases para garantir en todo momento que se manteña un carril de circulación.

9 de maio de 2013 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.