O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producen hoxe, xoves 30 de maio, na circulación en diferentes puntos da cidade da Coruña.
– Con motivo das obras de reparación dunha tapa de pozo de rede de sumidoiros, produciranse modificacións no tráfico na avenida de
A Pasaxe. Autorizouse o corte do ramal de suba dende a avenida ao Miradoiro dos Castros, en dirección entrada á cidade, dende as 23.30 horas de hoxe e durante catro horas. O tráfico será desviado pola rúa José Echegaray unha vez pase o último bus urbano.
– Debido ás obras de conexión dunha recollida de pluviais á altura do número 7 da rúa Sinforiano López, requírese o corte da vía entre os números 1 e 9, desviándose a circulación pola rúa Falperra cara á parte alta de Sinforiano López coa rolda de Nelle. As obras comezan hoxe pola mañá e rematarán, aproximadamente, o 18 de xuño.











