O Concello finaliza os traballos de urbanización e accesibilidade no barrio de Novo Mesoiro
As concelleiras de Barrio, Susana Pazo e Carmen Hervada, visitaron o barrio de Novo Mesoiro para comprobar o estado das actuacións acometidas nas últimas semanas e que supuxeron, entre outros traballos, a colocación de 710 metros cadrados de baldosa e terrazo, ademais de 22 metros de bordo.
O Goberno local realizou nos últimos meses unha serie de obras e traballos, moi demandados pola veciñanza, co obxectivo de acondicionar o barrio e dotalo de maior accesibilidade. Entre as actuacións acometidas destacan:
A reparación de 31 accesos a garaxes e a instalación de catro ramplas metálicas.
Un paso peonil na rúa Illa de Sálvora.
Reparación dun noiro da rúa Fragas do Eume que presentaba perigo de desprendementos.
Reparación dos rebaixes das ramplas de paso de peóns de todo o barrio e eliminación de morróns.
Reparación de fochas.
Eliminación da caseta de obra da rúa Illa Sálvora e cimentación.