O Concello de Culleredo forma a 200 alumnos de bacharelato en primeiros auxilios
Hoxe luns comezaron os obradoiros básicos de primeiros auxilios para alumnos e alumnas de bacharelato e Programas de Cualificacións Profesionais Iniciais (PCPIs) do IES Universidade Laboral de Culleredo. A iniciativa, organizada polo Concello de Culleredo, a través da Concellería de Sanidade, e a Asociación Galega de técnicos de emerxencias (Asgate) radicada no municipio, ten como finalidade trasladar ao alumnado aprendizaxes básicos no eido das emerxencias sanitarias.
Rescate cardiopulmonar, tratamento das hemorraxias, ou comas etílicos son algúns dos contidos que se abordarán nas sesións de traballo.
A formación, eminentemente práctica, contará coa participación de 200 alumnos e alumnas do centro, e desenvolverase en horario escolar os días 6,7, 10 e 16 de maio.











