publicidade hoxe

O Concello e ADAFAD organizan a xornada informativa “En-rede-ados”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, informa de que, xunto con ADAFAD (Asociación de Axuda a Familias de Drogodependentes) organiza mañá, xoves 23 de maio, ás 17.00 horas unha xornada informativa co título “Mozos, en-rede-ados”, de información e prevención das adiccións, usos e abusos das redes sociais por parte do alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos da cidade. Terá lugar na sala Juanjo Gallo de la Diputación Provincial.

A presentación desta xornada será realizada polo Valedor de Pobo que actuará como moderador da mesa redonda posterior e polos concelleiros de educación e servizos sociais así como pola Presidenta de ADAFAD. A mesa redonda terá intervencións de extraordinario nivel pola súa experiencia e compromiso:

– O profesor da Facultade de Psicoloxía de Santiago, Antonio Rial, falará sobre o que din os estudos empíricos dos menores, internet e as novas tecnoloxías.

– Luis Ferrer, facultativo do Chuac e titular de psiquiatría da Real Academia de Galicia falará sobre os usos e abusos das redes sociais.

– Manuel Araujo, psicólogo e especialista en Psicoloxía clínica, falará sobre os problemas xerados polas novas tecnoloxías.

– Un Inspector do Corpo Nacional de Policía responsable do Grupo de delitos tecnolóxicos da Brigada Provincial da Policía Xudicial, falará sobre o acoso e outros delitos na rede, a súa prevención, vixilancia e persecución.

O Concello é consciente de que se trata dun tema moi sensible para moitas familias e, en consecuencia, organizará ademais desta mesa redonda unha segunda intervención en forma de talleres prácticos aberta a todos os cidadáns o próximo día 29 na Fundación Novacaixagalicia.

22 de maio de 2013 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.