publicidade hoxe

O Concello duplicou a axuda a AFAN desde o ano pasado cunha aportación de 55.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo resaltou hoxe xoves que o Concello de Vigo aporta máis recursos a AFAN que Xunta, Deputación e Parlamento de Galicia xuntas. Así o apuntou durante unha rolda de prensa na que tamén sinalou que a subvención municipal pasou de 22.000 euros no 2012, a 55.000 euros este ano, o que supón un incremento dun 120%.

Abel Caballero avanzou hoxe xoves que a entidade social AFAN asinou este ano un convenio co Concello de 55.000 euros, dos que xa recibiu 27.000 euros. Así o detallou hoxe xoves Abel Caballero nunha rolda de prensa na que tamén sinalou que esta cantidade incrementouse un 120% respecto do ano pasado, cando a subvención fo de 22.000 euros. O rexedor puntualizou que o convenio asinouse apenas un mes máis tarde da entrada en vigor do orzamento, “con estrema celeridade na tramitación e na sinatura do acordo”.

Caballero mantivo esta mañá un encontro coa responsable de AFAN, Hortensia González, para coñecer o problema “porque ata o de agora ninguén lle expuso estas dificultades ao Concello” reprochou o rexedor. A aportación da Xunta é de 30.000 euros, a da Deputación de 13.000 e a do Parlamento de Galicia de 1.500 euros o que supón que o Concello aporta máis recursos que o resto das administracións xuntas, engadiu. Neste punto, comprometeuse a estudar a posibilidade de aumentar as achegas, sen deixar de recalcar que “xa duplicamos as axudas a AFAN e a outros comedores sociais para que estas entidades sociais, ás que lle agradezo o seu traballo no nome da cidade, dispoñan de medios”.

16 de maio de 2013 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.