O Concello dota de iluminación exterior eficiente ao Castelo da Concepción
O Concello de Cedeira anunciou esta mañá a posta en marcha dun programa de iluminación de monumentos históricos na vila. As primeiras actuacións desenvolvéronse no Castelo da Concepción, fortaleza defensiva de mediados do século XVIII e un dos principais reclamos
turísticos de Cedeira, e na ponte vella, porta de entrada ao casco histórico.
Así, os traballos permitiron dotar de iluminación exterior eficiente o fortín. Alí instaláronse uns 15 proxectores con lámpadas de haloxenuro de 70 watios, encaixados no chan e con efecto de proxección lumínica das murallas. Ao tratarse de iluminación de baixo consumo, o arranque nocturno terá unha incidencia moi baixa na factura, xa que se estima un custo mensual duns 20 euros. Y, sobre todo, ofrece unha nova razón para visitar o Castelo de La Concepción, visible agora tamén pola noite.
Así mesmo, o Concello tamén procedeu á renovación da iluminación no ponte vella da vila. Coa mesma filosofía, substituíronse os doce proxectores con lámpadas por dúas tiras de leds de 25 metros cada unha cunha potencia máxima de 400 watios de consumo. Instaladas en perfil de aluminio, baixo as voadas da ponte, proxectando a luz nos arcos e piares deste. E, como no caso anterior, recorrendo a sistemas lumínicos de aforro enerxético que, consecuentemente, tamén permitirán unha rebaixa no recibo da luz.











