publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía selecciona 12 peóns a través do plan provincial de emprego 2013 da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedraProvinciasVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello seleccionou esta mañá aos 12 peóns que poderá contratar de forma temporal a través do Plan de Emprego 2013 da Deputación Provincial. O persoal traballará en diferentes servizos municipais durante seis meses. A lista dos aspirantes seleccionados e dos suplentes pódese consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es.

Os 12 traballadores contratados a través da subvención provincial se distribúen en 3 peóns de limpeza, 2 de mantemento da rede de sumidoiros, 4 para obras públicas e para construción edificios. Os contratos temporais a tempo parcial terán unha duración de 6 meses, segundo se establece nas bases da convocatoria, e un cómputo de 25 horas semanais. Os contratos entrarán en vigor o 1 de xuño e vencerán o 30 de novembro.

Os beneficiarios desta convocatoria son persoas que se atopaban en situación de desemprego, que non percibían ningún tipo de prestación. Ademais, todas elas tiñan que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, xa que este organismo foi quen remitiu aos candidatos que concorreron á selección.

Bolseiros en prácticas

Por outro lado, a Deputación tamén vén de publicar a lista provisional de candidatos admitidos na convocatoria para a realización de prácticas nos Concellos en calidade de bolseiros. O plan ten como obxectivo facilitar aos mozos con estudios universitarios que non tiveran accedido ao mercado laboral, a posibilidade de realizar prácticas para poder ampliar o seu currículo, á vez que se aporta persoal temporal ás administracións locais. Ao Concello de Vilagarcía correspóndenlle a través deste plan bolseiros licenciados e graduados en Económicas e Empresariais, en Ciencias Políticas, en Historia e en en Psicoloxía. Tamén se ofertaron bolsas para graduados e diplomados en Traballo Social e Educación Social, en Relacións Laborais e en Maxisterio, así como Enxeñeiros Técnicos en Informática.

As listas provisionais pódense consultar na web da Deputación www.depo.es

29 de maio de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.