O Concello de Vigo viste de celeste monumentos da cidade para apoiar ao Real Club Celta de Vigo
Abel Caballero indicou este venres que os monumentos do Sireno, dos redeiros da Gran Vía e os cabalos da Praza de España presentan camisetas e bufandas do Real Club Celta de Vigo para apoiar aos celestes na consecución do obxectivo de manterse na Primeira División e como un “aceno” á afición.