publicidade hoxe

O Concello de Vedra destaca nas actividades culturais a XXVI Festa da Orella de San Fins

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVedra
A-
A+

02052013-16A COMISIÓN DE FESTEXOS DE SAN FINS DE SALES PRESENTA A XXVI EDICIÓN  DA FESTA DA ORELLA DE SAN FINS DE SALES DOMINGO 5 DE MAIO

Haberá orella de porco gratuíta

Ademáis haberá orella doce, polbo, churrasco,…

E non pode faltar a música!!  Será unha xornada de festa rachada!!

CONTINÚA ABERTA AO PÚBLICO A EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA ESPERANZA LEMA BOUZAS NO MUSEO PAZ CAMPS

Horarios:

– Venres e sábados de 17.00 a 20.00 h

– Os domingos de 11.00 a 14.00 h

Para visitar a exposición noutro horario concertar cita previa no teléfono 981 814 691

A ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE CONTINÚA A DESENVOLVER O SEU PROGRAMA “A XANELA DO RURAL”

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

DATA: O SÁBADO 4 DE MAIO

HORA: Ás 19.00 h

OBRADOIRO: A natureza coa saúde e cos coidados persoais

A ASOCIACIÓN AMIGOS DA CORAL POLIFÓNICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA PRESENTA O CERTAME DA PRIMAVERA

Con motivo da celebración da Festa de Santa Cruz de Maio a Asociación Amigos da Coral Polifónica Santa Cruz de Ribadulla celebra o Festival da Primavera.

DATA: O 4 de maio

LUGAR: A igrexa parroquial de Santa Cruz de Ribadulla

HORA: Ás 20.30 h

PROGRAMA:

– Coral Polifónica Hermano Gómez de Santiago

– Coral Polifónica Santa Cruz de Ribadulla

2 de maio de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.