publicidade hoxe

O Concello de Teo abre o prazo de matrícula nas escolas infantís entre o 1 e o 15 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

O Departamento de Benestar informa que o 1 de xuño ábrese o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Poderán realizar este trámite as persoas adxudicatarias dunha praza nas listaxes definitivas de admitidos/as nos centros. O último día para entregar a matrícula é o 15 de xuño. Dende o Concello reitérase a importancia de entregar a documentación en prazo xa que no caso de non matricularse entre o 1 e o 15 de xuño entenderase que a persoa renuncia á praza e chamarase á seguinte na listaxe de agarda.

O impreso de matrícula pode descargarse da web municipal ou recoller nos servizos sociais comunitarios e nas oficinas xerais do Concello. O impreso debe entregarse acompañado dun certificado médico do/a neno/a no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Os/as nenos/as que asisten este curso a algunha das escolas xa poden recoller o impreso no mesmo centro.

A matrícula tamén debe ir acompañada da declaración da renda do 2012 ou do certificado negativo dos/das responsables legais. No caso de non contar aínda con esta documentación deben lembrar que é imprescindible que a entreguen antes do 31 de agosto. Eses son os datos cos que deben calcularse a cota pola asistencia á escola.

Dende Benestar lembran que o horario que se marque no impreso de matrícula debe coincidir co horario que foi concedido nas listaxes definitivas de admitidos. No caso de ter que facer modificacións hai que ter en conta varios aspectos: hai que respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 07:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas); non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas) e para os nenos e nenas que utilicen o servizo de comedor deben estar no centro durante a totalidade do horario da súa prestación.

31 de maio de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.