publicidade hoxe

O Concello de Santiago adhírese, en Santander, á rede Civitas que promove a mobilidade sostible

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Asistentes ao IV Foro CIVITAS España e Portugal

Asistentes ao IV Foro CIVITAS

A concelleira de Urbanismo e Desenvolvemeto Sostible, María Pardo, asistiu en Santander ao IV Foro Civitas España. Previamente, o Concello de Santiago acordou, na sesión da Xunta de Goberno do 8 de maio, a adhesión da cidade á Asociación Rede Civinet España e Portugal A devandita Asociación constitúese como continuación do traballo realizado baixo o proxecto europeo subvencionado pola Dirección Xeral de Mobilidade da Comisión Europea, CIVINET, desenvolvido desde decembro de 2009.

O proxecto consiste na implementación e desenvolvemento dunha Rede CiVITAS en España e Portugal que aglutine a entidades públicas preocupadas pola mobilidade sostible. O fin principal desta Asociación é mellorar e desenvolver unha mobilidade respetuosa co medio ambiente.

A concelleira asistiu á Asamblea Xeral da Rede CiVITAS España e Portugal onde se deu inicio a Rede CiVINET España e Portugal como asociación.

24 de maio de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.