O Concello de Salvaterra foi un dos primeiros en enviar aos seus mellores estudiantes a Inglaterra
Na Xunta de Goberno celebrada hoxe, o Concello aprobou as bases da convocatoria de “Premios Educación – Curso 2012/2013” , co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes, convocando un total de 10 premios e 3 bolsas de estudos
Participan nesta convocatoria o alumnado do Instituto de Educación Secundaria do C.E.I.P. Infante Felipe, doC.E.I.P. de Leirado e do C.E.P. Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que se sinalan para cada unha das distintas etapas educativas e que se establcen nas bases dos premios.
Establécense os seguintes premios que se distribuirán entre as distintas etapas educativas do xeito que a continuación se sinala.
10 premios consistentes en 10 lotes compostos de tablet primux sonora 9.7 16GB, altavoces roun zound e funda para tablet . A distribución dos mesmos será a seguinte:
Tres deles están dirixidos ao alumnado do Instituto de Educación Secundaria de Salvaterra de Miño e distribuiranse do seguinte xeito:
– 1 para o alumnado de 2º do Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura
– 2 para o alumnado de 4º de ESO.
Os outros sete están dirixidos ao alumnado de 6º de Primaria do Concello de Salvaterra de Miño e distribuiranse do seguinte xeito:
– 3 lotes informáticos para o C.E.I.P Infante Felipe.
– 2 lotes informáticos para o C.E.I.P de Leirado.
– 2 lotes informáticos para o C.E.P Carlos Casares de Alxén.
3 bolsas de estudos para o alumnado de 2º de Bacharelato que consistirán nunha viaxe a Londres (Inglaterra) ao obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A viaxe terá unha duración de tres semanas e levarase a cabo nos meses de xullo e/ou agosto do ano en curso. A bolsa inclúe os seguintes servizos:
Viaxe de ida e volta en vós directos acompañada en toda a viaxe dende o aeroporto por un titor/a quen se asegurará de que cheguen a cada unha das familias seleccionadas.
– Aloxamento en familia en pensión completa.
– Curso de inglés de 3 semanas.
– Actividades, Programa social…
– Tarxeta de trasporte.
– Seguro “Europe Asisstance”.
– Traslados.