O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial

Escolares nas xornadas de educación vial
O Concello de Salceda de Caselas comeza coas Xornadas de Seguridade Vial nos centros educativos do municipio que terá lugar dende o 21 de maio ata o 3 de xuño, de luns a venres, tendo como protagonistas a mais de 400 escolares, que estén dentro do rango de idades comprendido
entre 1º e 6º de primaria.
O programa constará de dúas partes, por un lado terán unha hora de clase teórica, onde se porá en coñecemento as normas de circulación e o uso de elementos claves na Seguridade Víal, uso de cinturón, conductas na conducción, uso do casco, etc. que será impartida no Auditorio Municipal e outra hora para realizar o circuito con cars de pedais na praza do Concello nun circuito de karting que se vai a montar para o desenvolvemento da actividade. Para o correcto desenvolvemento da actividade contarase coa colaboración da Policía Local.
As Xornadas teñen coma fin a concienciación e o coñecemento das normas de circulación a través do proxecto que se está a promover dende a Concellaría de Tráfico e a Concellaría de Ensino e que conta co patrocinio de Autoescolas Caselas, Javucho publicidade, Rock fn e Moto Club Galicia. As Xornadas teñen como obxectivo concienciar aos máis cativos acerca da importancia que ten a circulación con pola vía pública a través do coñecemento dos dereitos e obrigas que teñen tanto como peón como conductores.
Teresa Pérez, Concelleira de Ensino, asegura que “é moi importante transmitir información e concienciación aos escolares, para que coñezan nas normas e as respeten, sobre todo á hora de previr accidentes, e que mellor manera que facelo a través de mecanismos de aprendizaxe
dinámicos, onde eles poidan ser os protagonistas”.
Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico e Seguridade quere “fomentar o bo uso das normas de circulación para que todos e todas sexamos conscientes do perigo que pode desencadenar o non respeto das normas de circulación, sobre todo nunhas idades tan relevantes”.











