O Concello de Ribadumia presenta a II Ruta BTTinto cunha participación de 800 persoas
O Concello de Ribadumia presenta mañá sábado 11 de maio a II Ruta BTTinto, que se celebra o vindeiro domingo 2 de xuño e que, a falta de quince días para que remate o prazo de inscrición, xa conta con 400 participantes e estímase que este número se dobrará ata o día 24 de maio –fin do prazo de inscrición-.
A saída da ruta está programada para as 9.30 horas, estimándose que a chegada e a entrega de agasallos sexa ás 14.00 horas na Praza do Concello. Os participantes xa poden atopar na páxina web municipal –www.ribadumia.org- toda a información útil para esta ruta: as inscricións, o mapa para chegar ata Barrantes; o plano de situación, onde se indica a saída da ruta, o aparcadoiro, as duchas o lavado de bicicletas…
A proposta son unhas rutas marcadas ao longo de 47 quilómetros, con saídas alternativas que a reducen a 33 quilómetros, conta este ano coa novidade dunha ruta combinada tipo duatlón e unha andaina paralela para todos aqueles que queiras acompañar os participantes.
A ruta esta orientada tanto para as persoas que queiran disfrutar dun contacto directo coa natureza e coa riqueza patrimonial de Ribadumia e de Meis, como para os máis esixentes, con itinerarios moi técnicos, descensos, lentos, rápidos e desniveis. O percorrido trascurrre por lugares de gran atractivo, con vistas panorámicas da ría, muíños, mosteiros e bosques de gran beleza.











