O Concello de Ribadumia comunica a mellora do firme de estradas e rúas do municipio
O Concello de Ribadumia comunica que mañá venres 10 e o luns 13 de maio de maio se levaran a cabo varias actuacións para mellorar o firme da estrada principal e das rúas Mimosas e Rosalía de Castro, co fin de recuperar as condicións do firme nesas rúas. As actuacións levaranse a cabo co persoal da empresa Gas Natural, que recentemente realizou neses lugares as conexións o suministro de gas na parroquia de Barrantes.
Mañá comezará a reparación da estrada EP-9305 e o luns 13 continuarán na Rúa Mimosas e Rosalía de Castro.
As actuacións céntranse na recuperación do firme afectado polas obras de canalización.
Dende o concello aplicaranse as medidas de sinalización oportunas para manter a seguridade da circulación esperando supoña o menor contratempo para os veciños.