publicidade hoxe

O Concello de Ribadumia celebra a V Feira da Familia con actividades para nenos e maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRibadumia
A-
A+

A concellería de Servizos Sociais de Ribadumia prepara a V Feira da Familia, que contará con numerosos obradoiros e actividades para nenos e maiores, dinámicas de grupos, puntos de información sobre os aspectos que máis preocupan aos pais e un servizo de merenda para os máis cativos. Celebrarase o domingo 12 de maio a partir das 16.00 horas na Praza do Concello. O obxectivo, segundo destaca a alcaldesa Salomé Peña, é “ofrecer unha programación lúdica para todos os membros da familia, para que disfruten do seu tempo de ocio de xeito conxunto e con outros veciños do municipio”.

Durante a tarde do domingo, a Praza do Concello converterase nun espazo de encontro lúdico e social das familias. Varios monitores ocuparanse dos talleres que preparan para nenos e pais: maquillaxe, globoflexia, inchables, búfalo mecánico e grande festa de animación e de paiasos. Todos os obradoiros estarán amenizados con música e o Concello de Ribadumia, ademais, porá a disposición dos participantes un servizo de merenda para coller forzas e continuar con todas as actividades organizadas. Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público en xeral, pero desde o Concello de Ribadumia recomendan inscribirse previamente nas oficinas municipais para poder facer unha estimación do número de participantes e obter un axeitado desenvolvemento das actividades. Isto é fundamental para o servizo de merenda, xa que no momento de anotarse entregarase un tícket aos asistentes que poderán trocar o día da feira.

10 de maio de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.