O Concello de Porto do Son toma decisión de intervir para mellorar a rúa Roda
O Concello de Porto do Son toma decisión de intervir na rúa Roda debido a diversos motivos:
– O primeiro deles, a nivel técnico. Con isto referímonos as redes de abastecemento e saneamento que precisan un cambio. Principalmente a de saneamento, xa que se trata dunha antiga rede unitaria na que se mesturan augas pluviais e fecais e que ademais conta cunha sección moi reducida para a cantidade de vivendas cas que conta hoxe en día a rúa. Fai anos a sección era suficiente pero agora xa non pois o número de vivendas aumentou considerablemente na última década.
Todo isto conleva a grandes atascamentos nas vivendas a existentes e ao rogo de todos os veciños para solventar o problema, que se conseguirá facendo dúas redes separativas.
– O segundo motivo, encontrámolo a nivel da circulación rodada. A rúa Roda conta cun estreitamento na parte baixa. Un estreitamento que impide o paso ao par de dous turismos, e moito menos de dous turismos e un peón. Polo tanto, co obxectivo de garantir a seguridade dos nosos veciños plantexamos unha rúa nunha soa dirección de circulación.
– E o terceiro motivo, encontrámolo a nivel urbanístico. Visualmente a rúa Roda encóntrase degradada, precisa dunha reordenación do espazo e polo tanto dunha reordenación do tráfico rodado, dos aparcamentos e do espazo peonil. Trátase de humanizar a rúa, que os espazos adicados ao peóns predominen sobre o espazo do tráfico rodado e que aparezan zonas de estar e descanso, con árbores, bancos e pavimentos diferenciados.
Esta intervención ademais de incluír a rúa Roda esténdese na rúa Atalaia por detrás da Casa Consistorial. A intención e a de rematar un cordón de circulación que conduza o tráfico ata fóra do núcleo, polo que posteriormente o proxecto de humanización continuará pola rúa Avellaneda.
Trátase dunha obra financiada ao 80% pola Deputación de A Coruña e ao 20% polo Concello de Porto do Son cun importe de execución material de 374.945,71€.











