O Concello de Ponte Caldelas subvenciona con 30.000 € a rehabilitación do centro sociocultural de Taboadelo
O Alcalde de Ponte Caldelas e representantes da Comunidade de Montes de Taboadelo asinaron onte un convenio mediante o cal o Concello achegará 30.000 € para a rehabilitación da antiga Rectoral parroquial co fin de que poida ser adaptada e convertida en Centro Sociocultural.
A achega económica do Concello irase realizando contra a presentación das facturas xustificativas do investimento na realización das obras obxecto do convenio.
En relación a este asunto, o Pleno da Corporación Municipal celebrado o 21 de marzo de 2013, sobre a base da modificación presupostaria, acordou realizar a achega económica dos 30.000 € á Comunidade de Montes de Taboadelo para a construción do Centro Sociocultural.
APOIO DO GOBERNO LOCAL A QUE SE REHABILITASE A ANTIGA REITORAL PARA CONVERTELA EN LOCAL SOCIOCULTURAL DE USO VECIÑAL
Os comuneros de Taboadelo adquiriron no seu día a antiga Rectoral para transformala en Centro Sociocultural. Así, tras entrevistarse o Alcalde Perfecto Rodríguez con directivos da entidade veciñal decidiu levar a Pleno, e aprobouse pola Corporación Municipal na súa sesión ordinaria celebrada o 27 de xaneiro de 2011, declarar de interese municipal a construción deste local, concedéndoselle a aplicación da bonificación polo importe máximo, do 95% na liquidación da taxa derivada da oportuna licenza de obras (ICIO). As obras iniciáronas xa o pasado ano, e con esta subvención os comuneros esperan finalizalas para poder inauguralas ao longo deste verán.
No caso de Taboadelo, o lugar elixido para a construción do centro sociocultural é un edificio, a antiga Rectoral, de titularidade veciñal por isto a única posibilidade de colaboración do Concello na obra é mediante subvención ou achega de materiais e maquinaria como xa fíxose no seu día aos centros da Insua, Rebordelo e Contixe. Noutros lugares, como A Rocha ou Forzáns, se dá a circunstancia de que o terreo onde se construíron os locais veciñais son de titularidade municipal. Nestes dous casos foi o Concello quen promoveu as obras de construción incluíndoas no Plan de Investimentos que a Deputación aprobou para os Concellos.
A vontade do equipo de Goberno, que lidera Perfecto Rodríguez, é conseguir que, a pesar dos difíciles momentos económicos polos que se atravesa, todos os lugares do municipio dispoñan dun local para reunións e actividades culturais para os veciños, adaptado e dimensionar ás características e poboación do lugar.