O Concello de Ourense sorteou unha parcela da horta educativa interxeneracional, á que aspiraron 62 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos o sorteo dunha das 22 parcelas da horta educativa interxeneracional da Concellería de Educación. A concelleira de Educación, Ana Garrido, asistiu ao sorteo, no que se presentaron 62 persoas aspirantes á parcela, que por falta de coidado do seu propietario quedou deserta.

O espazo, posto en marcha polo Concello de Ourense en marzo de 2011, está situado na zona de Mariñamansa, na beira dereita do río, cunha extensión de 2.000 m2 distribuídos en 22 parcelas, 18 para os veciños, 2 destinadas a persoas con mobilidade reducida e 2 de maior superficie dirixidas a fins educativos e sociais.

As hortas constitúen unha alternativa de ocio, representando ademáis espazos de convivencia que posibilitan a integración dos sectores sociais máis desfavorecidos, como a 3ª idade, parados de longa duración, ou persoas con algunha minusvalía, permitindo un intercambio xeneracional de coñecementos e experiencias, fomentando a participación cidadá e a transmisión de tradicións rurais na actual sociedade urbana.

Impulsar o respecto polo medio ambiente, recuperar espazos urbáns e promover unha alimentación sá e hábitos saudabéis, proporcionando lugares que permitan realizar actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, mellorando a calidade de vida, son os obxectivos da iniciativa do Concello a través da Concellería de Educación.

20 de maio de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.