O Concello de Ourense reabrirá mañá a piscina termal das Burgas unha vez rematados os traballos de limpeza
O Concello de Ourense reabrirá ao público dende mañá, sábado, día 11 de maio, a piscina termal das Burgas, unha vez rematados os traballos de limpeza e mantemento das instalacións realizadas durante esta semana coa finalidade de garantir as mellores condicións de uso por parte dos agüistas. Os traballos consistiron básicamente, no baleirado da piscina termal, a limpeza do seu interior e a renovación da zona de vestiarios.
A piscina termal, ao igual que o Centro de Interpretación abre tódolos días da semana, agás os luns, de 10 a 13 horas e de 17 a 21 horas.