publicidade hoxe

O Concello de Ordes conmemora o Día das Letras Galegas cunha mostra sobre Vidal Bolaño e obradoiros creativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Cativos no obradoiro de plastilina

Cativos no obradoiro de plastilina

O Concello de Ordes acolleu hoxe unha serie de actos co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano se adica á figura de Roberto Vidal Bolaño. Así, esta mañá o alcalde Manuel Regos acompañado polo concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez, inauguraron na biblioteca da vila unha mostra onde os usuarios e visitantes poderán consultar as obras deste dramaturgo. Unha serie de paneis informan sobre aspectos da vida persoal e profesional de Vidal Bolaño.

Por outra banda esta tarde dende as 18 horas máis dunha veintena da rapaces e rapazas entre 3 e 12 anos participaron nos obradoiros organizados co gallo da gran celebración das letras galegas. Neles aprenderon a realizar marcapáxinas á par que realizaron figuras de plastilina.

16 de maio de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.