publicidade hoxe

O Concello de Ordes celebrará a súa XVIII Carreira Popular o domingo 9 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOrdes
A-
A+

20052013-9O vindeiro 9 de xuño o Concello de Ordes celebrará a súa XVIII Carreira Popular. Unha proba que cada ano congrega a milleiros de persoas chegados de toda Galicia e na que poderán participar atletas profesionais ou afeccionados de todas as idades a partir dos 0 anos. Para elo deberán inscribirse ata o 5 de xuño como data límite no Departamento de Cultura e Deporte, ubicado no primeiro andar do edificio consistorial.

Este ano a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada modalidade nas categorías masculina e femenina, así como aos tres primeiros clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns de cada proba. Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.

Nesta cita deportiva o Concello de Ordes, organizador desta proba, conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro asesoría e seguros. Para Máis información poden contactar  cos organizadores a través do teléfono 981 680002.

17 de maio de 2013 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.