O Concello de Ordes agarda a visita de milleiros de persoas na súa I Festa da Xuventude “Movida Ordes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+

Ordes acollerá o próximo 16 de maio a súa I Festa da Xuventude ‘Movida Ordes’, cun cartel plagado de artistas ben coñecidos polo gran público. A cita será de balde para todos os que desexen asistir e terá lugar a partir das 22 horas no Campo da Feira, onde se instalará un gran escenario.

A orquesta Olympus; os deeyais de Radio Lider Marcos Magán,  Manu López, David Espósito e dj Charlie; Henry Méndez ou a televisiva Tania Veiras serán algúns dos artistas que farán bailar ata altas horas aos milleiros de persoas que se agardan. Posteriormente a diversión e a festa continuará polo distintos pubs e discotecas ubicados na vila ordense, un dos puntos neurálxicos máis importantes de ocio nocturno en toda a Comunidade.

A I Festa da Xuventude ‘Movida de Ordes’ está organizada pola asociación Movida Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, Zambra Agency, Roster Music e Galicia Espectáculos.

8 de maio de 2013 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.