O Concello de Ordes acolle dende hoxe un curso de Competencias Clave Dixitais

Alumnos do curso
O Concello de Ordes acolle dende hoxe un novo curso de Competencias Clave Dixitais. Un ciclo formativo englobado dentro da RedeXiana2 e que terá tres semanas da duración. Correos electrónicos, informática básica, procesadores de texto ou Internet son algúns dos aspectos que se treatarán nas próximas sesións. En total son 18 alumnos e alumnas procedentes dos concellos da comarca e doutros puntos como Val do Dubra. Promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, conta coa participación do Concello de Ordes. Con elo preténdese diminuir o nivel de desemprego da provincia a través da mellora profesional e o apoio ao autoemprego.
No caso de Ordes tamén se ten previsto a realización en breve doutro curso de Responsabilidade Social. Neste proxecto combínase a formación teórica coa experiencia laboral en entidades e empresas. Ademáis tamén se ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través dun titor. Un acompañamento persoalizado que tamén inclúe un asesoramento especializado para persoas emprendedoras na posta en marcha da súa idea empresarial.











