publicidade hoxe

O Concello de Neda inicia as obras de acondicionamento de cinco camiños nas parroquias de Anca, Santa María e Viladonelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O concelleiro de Medio Rural, Roberto Rey, anunciou esta mañá que a Administración local vén de iniciar as obras de acondicionamento de cinco camiños repartidos polo termo municipal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial de A Coruña. As intervencións desenvolveranse nas parroquias e lugares de Viladonelle, Cruz do Pouso, O Puntal, Anca e Casadelos. ¿Orzamento? 60.000 euros. ¿Prazo de execución? Tres meses.

Segundo explicou o edil de Medio Rural, o Concello realizou un estudo a pé de campo sobre o estado das diferentes pistas e camiños do municipio e, o mesmo, deu como resultado a selección efectuada ao tratarse dos viais municipais en peor estado e tendo presente a presenza de núcleos poboacionais cercanos. Deste xeito, o goberno municipal levou esta proposta a pleno, recibindo o apoio de todos os grupos municipais con representación na corporación. Agora, e coa chegada do bo tempo, arrancan as actuacións.

En concreto, as intervencións desenvolveránse en Viladonelle (nun camiño de 599,70 metros de lonxitude e 3,70 metros de ancho medio); Camiño en Cruz do Pouso (camiño de 566 metros de lonxitude e 3,60 metros de ancho medio); Camiño no Puntal (de 200 m e 3,50 m de ancho medio), e Camiño en Anca (de 375 m e 3 de ancho). Nestas vías, procederase á súa pavimentación con rego asfáltico e limpeza de cunetas. E, no Camiño en Casadelos, daráse res-posta aos problemas de inundacións mediante a colocación dun paso salvacunetas que recolla e canalice as augas.

14 de maio de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.