publicidade hoxe

O Concello de Meira organiza para o domingo 19 a ruta Miño – Eo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMeira
A-
A+

03052013-2O domingo 19 de maio terá lugar a ruta de sendeirismo Miño-Eo en Meira.

Serán 20km de percorrido de dificultade media-alta.

A saída realizarase ás 8:00 h. da Praza do Concello (diante da igrexa) dirixíndonos cara ó Pedregal de Irimia. A partir deste punto toda a ruta está sinalizada en amarelo e branco.

A 8km do Pedregal, no lugar de Espido, haberá un punto de avituallamento co almorzo.

Vehículos e persoal do Concello e de Protección Civil estarán a disposición dos sendeiristas durante o percorrido.

Haberá varios puntos de avituallamento polo camiño.

O xantar estará disposto a partires das 14:00h no final da ruta, no Estreito.

O retorno a Meira dende o Estreito poderase facer a pe ou nos diferentes vehículos que alí haberá para tal fin.

Recoméndase levar calzado impermeable, punto de apoio (vara, stick, …), roupa adecuada e roupa para cambiarse despois da andaina.

O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 16 de maio. Para anotarse deberá poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Meira na Praza do Convento de Meira, por teléfono:618.679.632 ou por correo electrónico turismomeira@gmail.com.

O prezo da ruta é de 10€ por persoa que se deberán ingresar na conta do Concello de NovaGalicia Banco (2080-0124-14-3110000011) indicando: o nome e apelidos do inscrito, o teléfono é poñendo no concepto RUTA MIÑO-EO.

3 de maio de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.