publicidade hoxe

O Concello de Lugo organizada diversos actos para conmemorar o Día de Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLugo
A-
A+

A Concelleria de Educación, Formación e Orientación Laboral, un ano máis, organiza os actos para festexar o Día de Europa que terán lugar este xoves 9 de maio na Praza Maior.

Os actos, organizados polo Centro de Información Europea do Concello de Lugo, comezarán ás 12.30 cun acto institucional e a lectura do manifesto conmemorativo do Día de Europa que este ano se celebra baixo o lema Trátase de Europa, trátase de tí.

Con motivo desta conmemoración tamén se instalará unha mesa informativa e haberá xogos, obradoiros de chapas e debuxo, entre outras actividades para os pequenos en horario de mañá de 12.30 a 14.30, e pola tarde de 17 a 21 horas.

6 de maio de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.