O Concello de Gondomar inaugura o servizo de consultas ambientais Línea Verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

08052013-12O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González e a responsable técnica de Línea Verde, Raquel Segovia; presentou o novo servizo de consultas ambientais Línea Verde Gondomar.

Trátase dun servizo gratuíto onde veciños e empresas poderán resolver todas as súas dúbidas relacionadas co medio ambiente, ademais de notificar as incidencias que detecten no seu municipio. Poderán facelo mediante dúas vías: a través da páxina web www.lineaverdegondomar.com; ou a través da aplicación gratuíta para móbiles Línea Verde. En menos de 24 horas, un grupo de expertos atenderán as preguntas e xestionarán as incidencias formuladas.

Ademais, Línea Verde Gondomar pon a disposición dos usuarios información moi útil en material ambiental como ordenanzas, regulamentos, actualidade, preguntas frecuentes, eventos de interese, etc.

Juan Carlos González afirma que “este novo servizo se presenta como un proxecto novidoso e moi útil, xa que facilitará e mellorará a xestión en materia de medio ambiente. Desde o Concello esperamos que teña unha boa acollida “.

Línea Verde é un exemplo máis de como o Concello de Gondomar incorpora novos servizos para mellorar a súa atención ao cidadán e fomentar a súa participación e colaboración coa institución, ademais de reforzar a súa aposta polo medio ambiente.

8 de maio de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.