O Concello de Ferrol entrega unha nova vivenda social no barrio de Recimil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol vén de entregar unha novo piso no barrio de Recimil a outra das familias situadas nos primeiros postos da listaxe de adxudicatarias das vivendas sociais do devandito barrio. Esta é o segundo inmoble en Recimil entregado pola Administración municipal a famlias en situación de vulnerabilidade que cumpren cos requisitos esixidos para acceder a esta bolsa social de vivendas. Así as cousas, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, sigue avanzando na adxudicación de pisos en Recimil ao listaxe de familias beneficiarias, un proceso que se está a levar a cabo de maneira progresiva, en función de que os inmobles cumpran coas esixencias de habitabilidade.

Martínez Beceiro recordou que as familias adxudicatarias dos pisos teñen que cumprir unha serie de obrigas, as cales están recollidas no Regulamento Municipal de Vivendas de Recimil aprobado no mandato anterior e que se está a aplicar no actual. Así, para estas familias que entran a vivir na bolsa de vivendas sociais do barrio do Pilar establécese un contrato de aluguer por un período máximo de 5 anos renovable para unha posible prórroga e sen dereito de subrogación. Ademais, as familias adxudicatarias comprométense a cumprir cunha serie de normas de convivencia, e no caso de non facelo poderase rescindir o contrato. No que atinxe ao prezo do aluguer, este oscila entre os 30 e os 100 euros mensuais, en función duns criterios técnicos que teñen en conta os ingresos ao mes das familias e o número de membros destas.

Así mesmo, a titular de Benestar Social explicou que os traballadores/as dos Servizos Sociais do Concello de Ferrol encárganse de facer un seguimento ás familias adxudicatarias de Recimil O obxectivo deste seguimento é, por un lado, procurar unha plena integración das familia e, por outro, garantir a correcta convivencia entre veciños.

Axudas de emerxencia

Por outra banda, a edil ferrolá lembrou que ademais de avanzar no proceso de adxudicación de pisos sociais en Recimil, o Concello de Ferrol está a incrementar de maneira considerable as axudas de emerxencia social. Estas son achegas temporais a persoas e familias co obxectivo de previr situacións graves como poden ser os desafiuzamentos; e consisten en axudas para o pago de aluguer, recibos ou manutención, entre outros aspectos básicos. A día de hoxe, o gasto social que fai a Concellería de Benestar nestas axudas de emerxencia supera os 18.000 euros mensuais.

10 de maio de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.