O Concello de Cerdedo apoia o “mantemento do servizo de rexistro civil nos xulgados municipais”
A prevista reforma do Rexistro Civil pon de manifesto a intención do Ministerio de Xustiza de eliminar os Rexistros Civís dos xulgados municipais para pasar a ser competencia dos Rexistros da Propiedade. Isto significa poñer importantes trabas á veciñanza para acceder a un servizo que con frecuencia utilizan por necesidades ou obrigacións administrativas: solicitudes de trámites diversos, relacionados con nacementos, filiación, defuncións, matrimonio, etc.
Deste xeito, afastaríase dos pequenos concellos os Rexistros Civís, provocando un trastorno por ter que desprazarse a cidades de maior poboación, é un perxuicio económico, polos gastos de desprazamento e porque os Rexistros de Propiedade cobraríán este servizo, vulnerándose así os dereitos de gratuidade e de servizo público e universal, sendo esta situación especialmente complicada en concellos como o nosos caso cunha poboación moi envellecida e que non dispón de facilidades para desprazarse.
Esta intención de eliminar os Rexistros Civís traerá probablemente a desaparición dos Xulgados de Paz dos concellos máis pequenos, a pesar das importantes funcións que realizan: consultas, conciliacións, xuizos de faltas…, volvendo producir os mesmos trastornos que supón e eliminación dos Rexistros Civís ademais de saturar outros xulgados polas competencias que ven realizando os Xulgados de Paz de xeito habitual.
Polo tanto, a desaparición dos xulgados e rexistros dos concellos pequenos sería un grave prexuízo para a veciñanza, pois a través destes organismos, resolven moitas das súas necesidades e problemas cotiás dun xeito fácil e próximo, esquecendo así o noso obxectivo de progreso, que non é outro que acercar a administración o cidadán.
Por todo o anterior exposto, este Concello de Cerdedo quere instar á Xunta de Galicia para que demande do Goberno do Estado Español o mantemento do servizo de Rexistro Civil nos xulgados de todos os concellos para garantir os dereitos da cidadania a un servizo universal, público e gratuito.
O Concello de Cerdedo apoia a iniciativa de incluir no programa de educación, os coñecementos de primeiros auxilios e seguridade vial.
Esta iniciativa na que están traballando diversos colectivos e entre eles mozos de Cerdedo que se adican ós servizos de Protección Civil, e tras a redacción de numerosos estudos científicos que sinalan a importancia de que todos os cidadáns coñezan as técnicas de soporte vital básico. Accidentes como incendios en vivendas, derrumbes, catástrofes medioambientais e tecnolóxicas causan centos de vítimas derivadas de comportamentos inadecuados da poboación por descoñecemento dos plans de emerxencias que podrían evitarse cunha correcta formación.
É importante a formación dos nenos e xóvenes en primeiros auxilios, seguridade vial e emerxencias co fin de concienciarlles dende a escola tal e como fan os países do noso entorno.
O que buscamos é lograr a comprensión e a participación de toda a poboación nas tarefas propias de protección civil, das que os cidadans son, ó mesmo tempo, suxeitos activos e beneficiarios.
Para buscar este apoio, dende o Concello instaremos ó Gobierno Rexional a incluir no programa de contidos obligatorios de Educación Primaria e Secundaria, os coñecementos de primeiros auxilios, seguridade vial, autoprotección e emerxencias.











