O Concello de Boiro celebra o mes das letras cunha intensa programación cultural

Presentación da programación
3 de Maio, 20h. EXPOSICIÓN DE TOÑO VILA no Centro Social de Cabo
O Concello de Boiro segue a apoiar aos creadores locais e á creatividade xoven en xeral.
O pasado 30 de Abril inaugurouse a exposición anual do Bacharelato de Arte do municipio (somos o único concello da comarca con esta oferta formativa) e hoxe mesmo inauguramos unha exposición en Cabo de Cruz dun fotógrafo afeccionado xa coñecido nesta contorna: Toño Vila. Temos catro salas de exposicións con programación continuada co obxectivo de fomentar a creatividade entre a poboación, entendendo que a creatividade é unha ferramenta de futuro.
4 de Maio, todo o día, MERCADILLO CREATIVO “MAIO VINTAGE MARKET” na rúa peonil de Boiro. Organizado polo novo colectivo cultural da comarca, plataforma Creaturas, esta actividade auna a artistas, creativos e emprendedoras da nosa localidade como Marta Ríos, Paula Tubío, Eva Outeiral, Lilí Fabeiro, María Magán, Diana Mirón, Loli Regueira, Baldani Moda, Mon Ferbal peluquería, Serarte, Pousada das Ánimas, etc. nunha programación de oito horas onde se poden atopar contacontos, obradoiros para nenos e mozos, desfile de moda, música en directo, exposicións artísticas, mostra de artesanía e moito máis.
17 de Maio, todo o día, CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS na rúa peonil de Boiro e no Pazo de Goiáns. Terceira edición desta programación que pretende celebrar un dos días grandes da cultura galega. En programa de mañá na rúa peonil e xa a partir do xantar no Pazo de Goiáns, moitos colectivos culturais desta zona, aportarán conxuntamente o seu traballo e creatividade nunha ampla programación, que inclúe lecturas colectivas, teatro, performance e música e baile tradicional. A actividade está organizada polo Concello de Boiro conxuntamente ca Asociación Cultural Barbantia.
24 de Maio, 21h. HOMENAXE Á CARPINTERÍA DE RIBEIRA, no Centro Social do municipio, onde ca exposición de embarcacións de madeira cedida polo Ceida e ca colaboración de Artesanía de Galicia, homenaxearemos a Asteleiros Triñanes, último taller de carpintería de ribeira que sobrevive no noso concello. Ás 20h. a escola de música municipal organizará un concerto de música tradicional para acompañar este acto.
Estes catro actos van acompañados neste mes coa oferta continua en:
FORMACIÓN; sobre todo dende o Centro Social de Boiro e dende a rede de centros sociais do municipio, onde se ofrecen na actualidade 50 cursos de diferentes temáticas, dende novas tecnoloxías, a linguas, creatividade aplicada, etc. e DIFUSIÓN CULTURAL, ofrecendo na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” teatro, sobre todo infantil, tódolos venres deste mes de maio (ca excepción do 16 de maio, xoves).











