O Concello de Ares instala dous contenedores de recollida de roupa, calzado e xoguetes
Proseguindo coas políticas de protección do medio ambiente e de reciclaxe, o Concello de Ares, a través da área de Servizos –que dirixe a socialista Alma Barrón-, vén de colocar dous contenedores de recollida de roupa, calzado e incluso xoguetes, que se suman aos xa existentes –os últimos, como se recordará, os de reciclaxe de aceite de cociña-. Éstes, como informou a concelleira, están situados na parte de atrás do centro de saúde (xunto á parada de taxis) e na avenida da Paz.
As persoas que desexen desfacerse de todo tipo de roupa, calzado ou xoguetes poderán depositalos nestes recipientes, para o que a empresa que fai a recollida dos mesmos –unha ou dúas veces por semana, en función das necesidades e demanda- unicamente pide que se faga en bolsas pechadas.
A instalación e recollida destes contenedores non supón custe ningún para as arcas municipais











