publicidade hoxe

O Concello da Coruña colabora na organización dunhas xornadas monográficas sobre fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, colabora cos organizadores das Xornadas Monográficas Futsalcoach – 5 Coruña FS, que se celebrarán os días 2 e 16 de xuño no Pazo dos Deportes de Riazor. O obxectivo é impulsar a práctica do fútbol sala, formar os adestradores e achegar esta modalidade deportiva aos cidadáns.

A Concellaría de Deportes colabora con www.futsalcoach.es e co club 5 Coruña Fútbol Sala na celebración destas xornadas nas que se trata de completar a formación adquirida polos técnicos nos cursos federativos. Baixo o título
Unha xornada, un relator, un tema, a idea é utilizar unha pedagoxía e unha linguaxe accesible para todos os niveis de formación e experiencia dos técnicos que se apunten ás charlas. Cada xornada durará ao redor de sete horas e media, o que permitirá afondar en dous aspectos esenciais do xogo.

O profesor da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol e exseleccionador de Libia, Pablo Prieto, impartirá a primeira xornada monográfica o próximo domingo, 2 de xuño, e na que se informará sobre os sistemas de xogo ofensivos no fútbol salga.
A segunda xornada será o domingo 16 de xuño a cargo de Andrés Sanz, profesor da Escola de Adestradores da Federación Madrileña de Fútbol Sala e director de www.futsalcoach.es. Nesta ocasión, as clases versarán sobre a táctica a través do método integrado.

As persoas interesadas en participar ou que queiran recibir máis información sobre as Xornadas Monográficas Futsalcoach -5 Coruña FS poden acceder á páxina web www.acoruna2013.futsalclinic.es. Os prezos son de 25 euros para unha xornada e de 44 euros para as dúas, aínda que se ofrecen descontos por inscrición anticipada -o prezo é de 19 euros para as persoas que se apunten a unha xornada e de 29 euros se están interesadas en acudir ás dúas-.

29 de maio de 2013 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.