O Concello da Coruña abre unha nova Unidade de Atención Social en Cuatro Caminos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Miguel Lorenzo na unidade asistencial

Miguel Lorenzo na unidade asistencial

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa de que dende hoxe está en funcionamento a nova Unidade de Atención Social de Cuatro Caminos, na que cinco traballadoras sociais tratarán de dar resposta á solicitude de información por parte dos cidadáns.

A Unidade de Atención Social de Cuatro Caminos, centralizará a actividade que ata agora estaba repartida entre os centros cívicos de Monelos, Elviña, Castrillón e San Diego co fin de ofrecer un servizo máis flexible aos cidadáns, que serán atendidos en horario de 08.00 a 19.30 horas. Dende esta unidade e, en concreto, dende o servizo FILTRO, derivaranse as tramitacións e solicitudes que teñan que ver con outro tipo de recursos e informarase de forma máis eficaz os usuarios.

Este nova unidade se suma á inaugurada, o pasado ano, no centro Ágora e terá continuidade coa próxima posta en marcha doutra en Monte Alto. Con esta actuación, o Goberno local pretende dar un servizo mellor e máis áxil aos veciños e veciñas da cidade nun momento no que a demanda de información e orientación social se viu incrementada, á vez que se racionalizan os recursos de atención social existentes e, polo tanto, se logra unha optimización do traballo.

Cando se complete a apertura do conxunto de unidades de atención social, a cidade dispoñerá dun sistema de atención orientado ás verdadeiras necesidades cidadás, máis áxil e eficaz, co fin de ofrecer unha atención temperá ao veciño. O obxectivo é poñer as necesidades do cidadán por enriba de cuestións de organización interna e dar un mellor servizo que se traduza en reducir as listas de espera sen que se vexa afectada a calidade no tempo de atención.

Ademais a próxima posta en marcha de novos instrumentos informáticos para o trámite de solicitudes e unha nova plataforma tecnolóxica, permitirá unha maior eficacia na xestión e implantación da administración electrónica no ámbito da atención social.

3 de maio de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.