O Concello dá 15 días ao Faiado para que devolva o Fondo Ferrazo, que lle foi entregado por erro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello remitiu hoxe a Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, en representación de O Faiado da Memoria, un escrito por lo que lles require para que no prazo de 15 días procedan á devolución “íntegra” do denominado “Fondo fotográfico de Foto Ferrazo”. No prazo de dez días, os requeridos poderán presentar as alegacións que estimen en defensa dos seus dereitos.

Na misiva, o goberno local recoñece que “por erro” en días pasados se lle fixo entrega aos representantes do Faiado da Memoria do arquivo de Ferrazo, “que foi donado a este concello por don Alfonso Lorenzo Urcera mediante convenio asinado con data 17 de novembro de 2011”. Naquel documento se especificaba que o arquivo debía ser destinado “ao servizo público de investigación e difusión cultural”, e coa condición de que quedara adscrito ao Concello, asumindo este, entre outros compromisos, o de manter o fondo “como unha unidade, co fin de que non se disperse”.

Tendo en conta que, segundo a Lei de Bases de Réxime Local, as entidades locais gozan, respecto dos seus bens patrimoniais, da perrogativa de recuperar por si mesmas a súa posesión, o Concello esixe a Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro que no prazo de quince días devolvan “íntegramente” o que por erro lles foi entregado.

2 de maio de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.