O Concello conclúe os traballos de pintado do peche do Cemiterio Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+
Vista das instalacións tras a mellora

Vista das instalacións tras a mellora

O Concello de Cedeira informou esta mañá da conclusión dos traballos de pintado do peche exterior do Cemiterio Municipal da vila. Unha intervención que se inclúe nun proxecto integral de acondicionamento do camposanto e que veu precedida doutras actuacións na capela situada nas instalacións. Actuacións que, fundamentalmente, permitiron dotala de instalación eléctrica e iluminación, así como dun sistema de ventilación nos ventanais para evitar a condensación de fume xerado polas velas no lugar, e o pintado interior do templo. Un paquete de traballos que levan a cabo operarios municipais cun presuposto total próximo aos 20.000 euros.

Neste sentido, a Concellaría de Obras avanzou esta mañá que os traballos continuarán nas próximas semanas coa instalación de diferentes puntos de luz no interior do Cemiterio Municipal.

Deste modo, darase servizo naqueles enterros que se desenvolvan as tardes de inverno.

22 de maio de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.