O Concello colabora coas festas patronais de todos os barrios e parroquias
Case medio cento de asociacións de veciños contarán coa colaboración da Concellería de Festas na dinamización das súas festas patronais
Vinte corresponden a festas nas parroquias do rural e o resto nos barrios, destacando sete destas para celebrar o San Xoán na zona urbana. A actividade máis requirida foron os parques infantís (inchables, touro mecánico, karts ou futbolín humano), trinta e dúas solicitudes, seguido de seis grupos de música tradicional, catro pasarrúas e unha coral.
Esta axuda para as asociacións de veciños retomada por este goberno, mantense nos números do ano pasado, o que é moi indicativo do moito interese que ten para os veciños e tamén da aposta decidida da Área de Participación Cidadá en satisfacer as demandas destas entidades.