publicidade hoxe

O Concello cambiará o depósito da Uceira por unha área biosaludable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Visita do rexedor ao actual depósito

Visita do rexedor ao actual depósito

O alcalde do Carballiño, xunto co arquitecto municipal, estiveron a comprobar o estado de deterioración do depósito de auga da Uceira, construído hai máis de 50 anos, e que levaba sen usarse varias décadas. A pasada semana os veciños deste barrio carballiñés alertaron o concello do estado desta estrutura, co que inmediatamente se procedeu a acordoar a zona para evitar riscos aos veciños.

Unha vez inspeccionada a zona, contactouse cunha empresa para proceder á demolición desta estrutura. Un traballo que se executará nos próximos días. Aproveitando a visita o alcalde estivo a conversar cos veciños dese barrio, anunciándolles a demolición da estrutura e a colocación nese mesmo lugar dun parque biosaludable, algo que gustou aos veciños xa que desta forma as persoas maiores da zona non terán que cruzar a estrada para poder facer exercicio.

A idea do alcalde é crear no interior do barrio varias zonas de ocio e esparexemento para os veciños, para o que acordou ter con eles unha reunión e escoitar as propostas destes para a zona.

14 de maio de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.