publicidade hoxe

O Concello aproba definitivamente o Plan de Emerxencias Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

O Plan de Emerxencias Municipal de Santiago de Compostela será levado ao pleno ordinario do mes de maio e entrará en vigor o día despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

A homologación do Plan de Emerxencia Municipal(PEMU) foi aprobado por unanimidade no pleno da Comisión Galega de Protección Civil e na fase de exposición ao público non tivo ningunha alegación O proceso para dotar ao Concello deste plan iniciouse en 2011. Trala aprobación inicial no pleno de febreiro e a súa exposición ao público, sen nigunha alegación, foi remitido á Dirección Xeral de Emerxencias para a súa validación.

A Lei de Emerxencias de Galicia determina no artigo 27, en relación as competencias dos municipios de máis de 20000 habitantes, que “é competencia do Concello elaborar e aprobar o plan de emerxencia municipal, os plans de actuación municipais e, en xeral, calesquera outros intrumentos de planificación de protección civil no ámbito municipal”.

O Plan de Emerxencias do Concello de Santiago conta con 11 capítulos e 9 anexos nos cales: se describe o territorio e se analizan os riscos aos que a población está sometida, se recollen os medios materiais e humanos dos que o concello pode facer uso e se establecen os equipos e procedementos para facer fronte aos riscos.

O plan conta con tres protocolos de actuación para os casos de incendios, inundacións e accidentes de mercaderías perigosas.
Ademáis o CECOPAL (centro de coordinación operativa municipal) será o centro encargado de coordinar e asesorar os diferentes equipos que integran este Plan de Emerxencias.

O PEMU “é un documento vivo xa que precisa unha actualización e unha revisión permante coa finalidade de adaptalo á relidade social, económica, xeográfica e organizativa do concello, mantendo deste xeito a súa operatividade” puntualizou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade.

A activación do plan procederá cando así o declare o director do mesmo (o alcalde ou a persoa en quen delegue), no suposto de que se produza algunha das situacións contempladas no documento. O propio plan contempla mecanismos nos que se produciría a transferencia do nivel 0 ou o nivel local de emerxencia a outro nivel, en distintos grados 1, 2 ou 3.

29 de maio de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.