publicidade hoxe

O Concello aproba a contratación das obras de mellora da accesibilidade do plan Urbana C

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello, na sesión de Xunta de Goberno desta semana, aprobou a contratación das obras incluídas dentro do plan Urbana C para a mellora da accesibilidade, así como a concesión de licenzas urbanísticas que supoñerán un investimento na cidade de 2,83 millóns de euros, o que eleva a cantidade dende o inicio do mandato ata os 230,8 millóns -só nas sesións celebradas este ano alcánzanse os 55,9 millóns-.

Entre os expedientes tramitados, encóntranse as autorizacións para instalar ascensores en dous inmobles das rúas Azar e Rego de Auga. No caso do edificio do Barrio das Flores, o acordo nace dunha concesión demanial gratuíta que se autorizou na Xunta de Goberno do 8 de marzo e que permitiu á comunidade de propietarios do número 6 da rúa Azahar dispoñer de terreos do sistema local da rede viaria para a colocación deste ascensor na fachada.

Dentro da aposta do actual equipo de goberno pola rehabilitación e a accesibilidade, tamén se concedeu a licenza para a primeira fase das
obras de mellora na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, no campus da Zapateira, e que inclúen a realización de ramplas, escaleiras e dun elevador adaptado para persoas con mobilidade reducida.

A Xunta de Goberno tamén deu esta semana o visto e prace á empresa que xestiona o aparcadoiro de San Cristóbal para a execución das obras de reparación e impermeabilización entre a cuberta do párking e a praza pública situada en superficie, unha parcela propiedade do Concello pero que está dada en concesión administrativa. Cun presuposto de 459.672 euros e un prazo de 7 meses, a obra alcanza os 2.359 metros cadrados.

URBANA C

Dentro do compromiso do Concello pola mobilidade, aprobouse o expediente de contratación para as melloras de accesibilidade do plan Urbana C, cun prazo de execución de seis meses e un presuposto de licitación de 414.836 euros.

O proxecto do departamento de Infraestructuras, financiado pola Unión Europea a través dos fondos FEDER, solucionará problemas puntuais na mobilidade, coa mellora de beirarrúas e espazos públicos no Agra del Orzán, ou Ventorrillo, Riazor e Visma. En total, o Goberno municipal executará 90 actuacións -entre as que destacan as 15 obras de mellora en paradas de autobús-, ademais doutras accións concretas nos cruzamentos da rolda de Outeiro e a rúa Luis de Camoens, e da avenida de Finisterre coa rolda de Nelle e coa praza do Castelo de Olite.

Esta nova iniciativa súmase a outras xa postas en marcha, como a primeira fase do Plan de Accesibilidade, onde se inclúen 260 obras -a maioría no Casco Histórico e Peixaría- para a ampliación de beirarrúas, eliminación de elementos urbanos que se converteron en obstáculos, supresión de chanzos en zonas peonís, mellora de cotas e pendentes, e eliminación e creación de novos vaos e pasos de peóns.

18 de maio de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.